Iñigo Lamarca Iturbe - Ararteko

BENVIDA

Benvida sexa toda persoa que se asome a este portal web. Confío enque se senta ben acollida.

O Ararteko é o Valedor do Pobo ou Ombudsman do País Vasco.Queremos que nos coñezas ben, que saibas que facemos exactamente e enque te podemos axudar. Queremos defender mellor a toda a cidadanía enrelación coas actuacións e políticas públicas dasadministracións vascas.

Espero que este amplo portal web sexa do teu agrado e que respondadebidamente aos obxectivos de información, de comunicación e departicipación que nos temos proposto. Queremos, en calquera caso,ofrecer un excelente servizo e para iso solicitamos a túa colaboración. Animámoste, pois, a que nos fagas chegar -por medio da enquisa e davía de contacto que poñemos á túa disposición- as túas propostas e opiniónsco fin de contribuír a mellorar este portal web e, en xeral, ofuncionamento e os servizos do Ararteko, que desexamos que en todomomento se presten con eficacia, amabilidade e rapidez.

As funcións que temos encomendadas están relacionadas coaprotección e garantía dos dereitos humanos, posto que debemosprocurar que as actuacións e políticas públicas dasadministracións salvagarden debidamente e cada vez mellor os dereitosdas persoas, combatan eficazmente a desigualdade, a discriminacióne a exclusión, e se comporten en conformidade co dereito cidadán á boa administración.

A oficina do Ararteko atende e analiza as queixas que a cidadaníanos presenta con respecto a actuacións e actos concretos dasadministracións públicas vascas. Podes presentarnos as queixas pormedio dun formulario que atoparás neste portal. Amais desa tarefafundamental, tamén traballamos por iniciativa propia co propósitode mellorar as políticas públicas. A este respecto, quero sinalarte queprocuramos traballar o máis intensamente posible no marco das nosascompetencias en relación con once colectivos ou realidades sociais, benporque existen elementos estruturais de vulnerabilidade ou risco noexercicio dos seus dereitos ou ben porque se dan circunstancias queproducen ou poden producir desigualdade, discriminación ou exclusión.Axúdanos a mellorar o noso traballo facéndonos chegar denuncias oupropostas.

Quixera, por último, expresar un desexo. O sistema de dereitos humanos,piar básico das nosas democracias e da nosa convivencia, é, polasúa natureza, algo dinámico e evolutivo e, polo tanto, pode e debe sermellorado continuamente. Para isto, os poderes públicos deben empregarsea fondo, pero tamén resultan fundamentais o compromiso e o traballode cada unha e un de nós.

Pido, pois, a quen visite este portal web que colabore na promocióne protección dos dereitos humanos. O dereito á vida, á dignidadeda persoa, á liberdade, á igualdade, á integridade física e moral,ao libre desenrolo da personalidade, etc., todos e cada un deles,os temos que defender todos os días. Tamén os valores queresultan imprescindibles para que os dereitos das persoas gocen deboa saúde: a non violencia e o respecto aos semellantes e á diferenza,á diversidade, á pluralidade, á fraternidade e á solidariedade.

Recibe un cordial e afectuoso saúdo.

 

Iñigo Lamarca Iturbe
ARARTEKO


Entre por favor

Sartu, mesedez Sartu, mesedez
accesibilidad WAI-AA
© Ararteko 2010